A zona infantil é un espazo situado no recinto do Festival onde peques e grandes poden gozar xuntos dunha programación cargada de actividades, obradoiros e xogos.

Ao longo do sábado e domingo no ESCENARIO INFANTIL FUNDACIÓN SGAE haberá actuacións musicais, contacontos, magos, monicreques e moitas sorpresas máis!

Un Festival pensado para todos os públicos!