Zona Infantil: Un lugar onde a diversión, o aprendizaxe e a creatividade están aseguradas

A programación do Festival de la Luz inclúe un espazo destinado ao pasatempo e goce de actividades, obradoiros e xogos para os máis pequenos. Así, a través desta Zona Infantil os nenos terán a oportunidade de pasar unha fin de semana divertido no noso festival.

Dentro das actividades infantís encóntranse os xogos tradicionais típicos da cultura galega, talleres creativos e un lugar de recreo no que divertirse en familia.

Do mesmo xeito e seguindo o noso compromiso coa sostibilidade, os nenos tamén contarán con obradoiros creativos que poñan en práctica a reciclaxe e o segundo uso de diferentes produtos.

Ademais, na Zona Infantil temos reservado para os nosos benxamines un escenario, no que se ofrecerán actuacións musicais e haberá contacontos, magos e monicreques. Este ano o sábado gozaremos dos espectáculos: As Nosas Músicas D’aquí, Fran Amil presenta Os Monstros Acústicos, Quen Dixo Medo? Pinga a Pinga e Conto da Travesía dás Musas de Raquel Senra. O domingo haberá Cantabaila, Maruxa Poppins e a actuación de Papi e Mami. Ademáis, para os máis lanzados taller de Cumbia Verbeneira

E como non podía ser doutra forma, os máis peques tamén poderán gozar dun espazo de cinema con curtos de debuxos animados.

Sen dúbida, na Zona Infantil contamos con moitos plans e sorpresas por descubrir, cos que en cada edición aportamos diversión e entretemento para os máis pequenos dentro do Festival de la Luz.

Pasarano en grande!