Visibilizar e potenciar o rural galego cos Premios CaixaBank Rural Emprende

Ademais da labor benéfica que cada ano move o Festival de la Luz, impulsar o medio rural galego é outro dos obxectivos que en cada edición procuramos neste festival.

A iniciativa principal para iso é a nosa situación, coa que damos a coñecer a beleza de Boimorto e dos seus arredores, así coma a hospitalidade e amabilidade dos nosos veciños. Tamén a localización do noso festival contribúe na xeración de emprego directo e indirecto e coma un impulso económico dentro de Boimorto e dos pobos adxacentes.

Seguindo este propósito de realzar o rural, no recinto do Festival de la Luz contamos con espazos exclusivos para elo, onde se mostran diferentes produtos gastronómicos autóctonos e as artes agrícolas e gandeiras que son o motor económico da zona.

Para iso tamén, nesta edición e xunto a colaboración de CaixaBank, no Festival de la Luz presentamos o concurso CaixaBank Rural Emprende, no cal repartiranse ata 9000€ a proxectos emprendedores de diferentes ámbitos e coa aplicación no rural galego.

Así, no Festival de la Luz apostamos por mostrar e impulsar o potencial do rural galego, onde nacemos e do cal queremos presumir.