Un festival de música ecléctico, clave para ser interxeracional

No Festival de la Luz acollemos en cada edición unha ampla variedade de estilos musicais que achegan a Boimorto a persoas de diferentes idades e distintos gustos.

Durante a primeira fin de semana de cada setembro, neste pobo súbense ao escenario artistas de gran escala e bandas emerxentes; soan guitarras e tamén pandeiretas; bailase con pop, rímase con rap e víbrase con rock.

Todo isto, dentro dun mesmo cartel que, desde os nosos inicios, caracterízase por combinar unha programación musical variada e atractiva para diferentes públicos.

Así, no Festival de la Luz cultivamos, colleita tras colleita, un festival de música a base de ritmos e melodías dispares. Unha particularidade que fai que este sexa un evento ideal para gozar en familia, en parella ou con amigos, sen importala ideade ou os gustos musicais.

Por iso, o Festival de la Luz defínese como un festival ecléctico e interxeracional no que todo estilo é benvido para loitar por unha boa causa.