Últimos abonos dispoñibles nos puntos de venda físicos

Tal e como vos anunciabamos fai uns días no noso Facebook e Instagram, os abonos desta colleita están que voan. Tanto é así que os abonos online xa se esgotaron.

Se aínda non te fixeches cos teus abonos, tes unha última oportunidade para adquirilos nos nosos puntos de venda física. Neles poderás adquirir os últimos abonos dispoñibles da 8º edición do Festival de la Luz.

Recorda que o abono permíteche o acceso ao recinto dende o venres ata o domingo, así como o dereito a descansar na zona do cámping sen custe adicional e ata completar aforo. Ademais, coa túa entrada estarás contribuíndo na causa solidaria que o Festival de la Luz e as dúas asociacións, Anxiños e Asanog, marcáronse conseguir para a loita e o coidado de nenos con grandes necesidades.

Tamén poderás aportar o teu granito de arena e gozar do Festival de la Luz, mercando as túas entradas de día (sábado e/ou domingo) a través da nosa web.