Prazas completas para a IV edición de Cultivando Deporte!

As zapatillas de deporte volven a ser as protagonistas na maleta de gran parte dos nosos/ as festivaleros/ as. A carreira Cultivando Deporte colga o cartel de completo a máis dunha semana da súa celebración. Así, que só podemos dicirvos moitas grazas a todos os inscritos pola rápida acollida. Vémonos en Boimorto o próximo 7 de setembro ás 11:00 h!

Non esquezas que a recollida de dorsais terá lugar na saída do percorrido (A Gándara-Boimorto) desde as 10 da mañá ata 15´ antes da saída.