O rural tamén pode ser un lugar de conexión con Juifi

Deixarte cativar pola natureza e gozar da tranquilidade da vida no campo non sempre ten que ser sinónimo de desconexión. Moito menos se o que queres é presumir #ante os teus followers de como estás a vivir o Festival da Luz en Boimorto.

Por iso, a compañía galega Juifi rompe co estereotipo da baixa cobertura no rural galego e achega, unha edición máis, a comunicación online ao noso festival.

Así, Juifi será o encargado de manternos conectados durante os tres días de festival, proporcionando o wifi que necesitas para subir os teus selfies, publicar os teus stories e revisar os teus likes.

Ademais, a súa participación nesta colleita traerá de novo concursos, cos que poderás conseguir entradas gratis para o Festival da Luz, e as mellores promocións para que o juifi chegue tamén á túa casa á máxima velocidade e sen permanencias.

Se aínda non coñeces Juifi, bota unha ollada á súa web (www.juifi.com) e infórmate dos seus servizos de telefonía e Internet.

Chegan ata onde menos o imaxinas!