O FESTIVAL Da LUZ e CAIXABANK REPARTIRÁN aTA 9.000€ EN PREMIOS CO CONCURSO CAIXABANK RURAL EMPRENDE

O Festival de la Luz sempre defendeu a vida rural coma un medio cun gran potencial e gran relevancia en Galicia. Nesta edición, a cal está a ter moi boa acollida coa venda de abonos practicamente esgotada, quixemos dar un paso máis e xunto a CaixaBank vos traemos o concurso CaixaBank Rural Emprende.

Este certame une a nosa filosofía coa de CaixaBank para promover e apoiar a rexeneración do medio rural e impulsar as actividades do campo como motor económico. Por iso, a través dos premios CaixaBank Rural Emprende queremos axudar economicamente a proxectos en marcha que aposten por mellorar o futuro do rural galego e a competitividade económica do mesmo dentro de diferentes áreas de negocio.

Así, o Festival de la Luz e CaixaBank repartiremos ata 9000€ a os tres emprendedores gañadores, os cales coñeceremos durante o noso festival en Boimorto.

Se queres participar coa túa idea emprendedora, podes consultar as bases do concurso na nosa web e enviarnos a túa inscrición ata o 19 de xullo de 2019.