O Festival da Luz e Caixabank premian tres iniciativas de emprendemento no rural

No acto de entrega, celebrado está mañá na Coruña, nun evento a porta pechada pola actual situación COVID, Luz Casal, impulsora do Festival, e Marc Benhamou, director territorial de CaixaBank en Galicia, destacaron o valor destes galardóns, que axuntan valores compartidos por ambas as marcas como o apoio ao medio rural, co obxectivo de impulsar o campo como motor económico e foco de oportunidades. Ademais, entregáronse os premios aos tres emprendedores finalistas. A resolución desta convocatoria, que conta cunha dotación económica de 9.000€, chega nun momento complicado para o emprendemento rural, necesitado de proxectos emprendedores de calidade que acheguen valor económico no noso medio rural.

Nesta primeira edición do certame, ao que se presentaron máis dunha vintena de proxectos, o Festival de la Luz e CaixaBank destacan cos premios CaixaBank Rural Emprende tres iniciativas que apostan por mellorar o futuro do rural galego e fortalecer a súa competitividade económica:

Na categoría Semilla CaixaBank, Corazón de Carballo, espazo que axunta educación ambiental e educación artística mediante multitude de actividades na súa sede de Tomiño, percibiu unha dotación económica de 5.000€ co primeiro premio.

Pola súa banda, a compañía ourensá Autofarm recibiu 1.000€, por alcanzar a segunda posición na anterior categoría coa súa plataforma tecnolóxica dirixida a ganderías que facilita unha xestión e control eficientes, sostibles, áxiles e rendibles.

Na categoría Semente Emprende, que destaca a iniciativas de menos de tres anos de traxectoria, a cooperativa LevinRed recibiu 3.000€ polo desenvolvemento dunha liña de cosmética natural empregando os principios activos do viño tinto do Ribeiro.

Este primeiro certame “CaixaBank Rural Emprende” impulsado polo Festival de la Luz e CaixaBank, afianza o compromiso de ambas partes de potenciar e promocionar o medio rural galego e de promover unha sociedade rural máis dinámica. Ambas entidades anunciaron que debido ao éxito da primeira edición, está a traballarse para convocar proximamente unha segunda convocatoria.

Ademais, nun ano de especial emerxencia solidaria o Festival de la Luz quixo ser fiel ao seu compromiso e reinventarse na súa edición Leiras, celebrada o pasado 12 de setembro, para seguir cumprindo co seu obxectivo de recadar fondos nesta ocasión para Cruz Vermella Galicia. A Fundación “La Caixa” e CaixaBank sorprenderon a 24 horas do Festival cunha doazón extra de 15.000 mil euros que se sumará á cifra solidaria deste ano e ao importe de fila 0, que permanecerá activa ata o 12 de outubro.

Scroll to Top