O Festival da Luz confirma a 22 artistas na súa nova Edición Especial – 10, 11 e 12 de Setembro en Boimorto

Dende que o coronavirus chegou ás nosas vidas, todos vimos como gran parte dos concertos para os que tiñamos entradas aprazábanse, ou directamente cancelábanse. Dende o Festival da Luz estamos moi contentos de poder sacar un cartel que reúna a 22 artistas e de que, ademais, sexa na liña de programación musical que reina no Festival, a da diversidade de estilos musicais.

• Na xornada do venres gozaremos os ritmos de: Nil Moliner, Monoulious Dop, Broken Peach, Irenegarry, Moura (Concerto Vibra Mahou), Kings of the Beach (Concerto Vibra Mahou) e Superglú.

• O sábado a programación iniciarase de mañá e a música non cesará con: Def con Dos Tenores, Obús, Soleá Morente, Alice Wonder, Rodrigo Cuevas, Di Brain, Los Jinetes del Trópico e Santiaguiños de Boimorto.

• O domingo, día de peche das tres xornadas do Festival, cantaremos a son de: Coque Malla, _ Juno, Sabela, Los Estanques, Verto, Jordana B e A Banda de Balbina.

Chega con este pedazo de programación musical un dos eventos máis especiais do ano, no que se implicou un esforzo inmenso para poder ofrecer na situación actual un formato con máis de 30 horas de música neste formato especial 2021 que recupera as Leiras da edición anterior.

O Festival da Luz volve con este particular formato, que cambia as cadeiras por alpacas, e as mesas por palets. Este nome do formato, rende homenaxe á contorna natural de prados e campos que rodea ao recinto do Festival. Con estas pequenas parcelas os festivaleros/ as poderán gozar en parella, en familia ou con amigos das actuacións musicais. As parcelas xa están á venda por días en modalidade de 2, 5 ou ata 10 persoas.

A cifra solidaria doarase ás Fundación Andrea e a Cruz Vermella Galicia. Os que queiran colaborar tamén poderán adquirir a Leira Solidaria 0, cuxo importe destinarase ás causas solidarias nun momento tan necesario como leste.

O recinto do Festival da Luz – Xacobeo 21.22 – ábrese ao completo e ademais da zona de Leiras, os asistentes poderán gozar das actividades, Zona Infantil, o Mercado Deputación da Coruña, o Gatroespacio Mahou e moitas sorpresas que prometen ofrecer tres xornadas cheas de lecer.

Queremos facer mención especial á familia de colaboradores e patrocinadores que forma parte do Festival da Luz e que un ano máis fixeron posible a celebración deste evento: Estudios Mans, Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, Fest Galicia, Mahou, Fundación La Caixa, Caixabank, Deputación da Coruña, Concello de Boimorto, Gadis, AIE, Inorde, Feiraco, Bodegas HGA, Petroni e Cocacola.

Scroll to Top