Ola a todos, festivaleiros,

Esperamos que esteades ben! Despois destes meses de incerteza e agora que empezamos a adaptarnos a esta nova normalidade facíanos especial ilusión celebrar o Festival da Luz (en gallego cambiamos el nombre? . Con todo, a falta de dous meses da celebración, vemos inviable a súa realización pola evolución do COVID-19. Por iso, o Festival da Luz (nombre?)  posponse para o 10, 11 e 12 de setembro de 2021 e as entradas continuarán á venda. Agora a prioridade é velar pola seguridade de todos.

Foron moitos meses de traballo no que nos chegaron moitas mensaxes vosos de apoio, de preocupación, de solidariedade… Escoitámosvos e agradémosvos a todos o agarimo a este evento que aos poucos foi crecendo grazas a vós durante nada máis e nada menos que 9 anos!

Sen anunciar o cartel, moitos de vós xa tiñades as vosas entradas.  Wow! Non temos palabras para dicirvos infinitamente grazas! Proximamente comunicarémosvos os detalles para iniciar o proceso de devolución e as alternativas para quen queira manter as suas entradas para a seguinte edición. Agradecemos a vosa confianza. Sen dúbida, isto é un impulso de enerxía e ilusión para traballar nunha nova colleita que chegará cargada de máis sorpresas.

Para terminar, queremos facer unha mención especial a todas as persoas e entidades implicadas no evento: equipo, artistas, colaboradores, mercado, provedores e a da propia comunidade de Boimorto, quen sempre nos acolleron con gran agarimo.

Seguiremos en contacto para informarvos de calquera novidade ou iniciativa.

Coidádevos moito!

Scroll to Top