O FESTIVAL DA LUZ ANUNCIA NOVA EDICIÓN E ENTREGA OS FONDOS RECADADADOS NO 2017

O Festival da Luz volve superarse na súa entrega de fondos solidarios coa doazón de máis de 117.000€ procedentes da recadación de entradas durante a súa edición do pasado mes de Setembro.

Luz Casal, madriña do evento, expresou o seu entusiasmo pola cantidade alcanzada no último ano do festival e por poder contribuír de forma tan activa ao proxecto no que Oncomet está a traballar e co que conseguiu situar a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica.

Laura Muinelo, representante de Oncomet, foi a encargada de recibir o cheque de 114.746€ que se destinará ao estudo da biopsia líquida, unha nova técnica non invasiva para a detección de mutacións tumorales que facilita o tratamento individualizado.

Muinelo agradecía á organización do Festival da Luz a súa implicación no proxecto e sinalaba na súa intervención que “a biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos no que o grupo leva traballando xa máis de dez anos ata conseguir situar a Galicia como referente nacional neste campo”.

Por segundo ano consecutivo a Asociación Cultural Festival da Luz tamén doou a cantidade 1.000€ ao Club de fútbol de Boimorto, 1.000€ á Asociación Folclórica Santiaguiños de Boimorto e 1.000€ ao Club de Atletismo de Boimorto polo seu apoio e fomento cultural na localidade.

A artista quixo agradecer durante o acto o apoio do Concello de Boimorto, Estudo Mans Paideia, Deputación dá Coruña, Gadis, Mahou, Agadic, Sabadell, AIE, Fundación Sgae, Interrías, Inorde, HGA, Caeiro, Cocacola, Feiraco, Petroni e Cadea Ser.

 

SÉTIMA EDICIÓN DUN EVENTO ÚNICO

A iniciativa musical e cultural que a artista Luz Casal desenvolve na súa localidade natal de Boimorto (A Coruña), celebrará o próximo 7, 8 e 9 de setembro a súa sétima edición.

Entre os primeiros confirmados do cartel, ás que se sumarán moitos máis, atópanse artistas como: Love of Lesbian, Eskorzo, Elliott Murphy, O meu Capitán, Vargas Blues Band, Javi Maneiro, Furious Monkey House, Agoraphobia, Riff Raff, Os Motores, Banda de Música de Arzúa, Joan Curiel e as Pandereteiras de Verducido.

Neste caso a directiva do festival anunciou que debido ao aumento na cifra total dos fondos recadados no evento, a achega solidaria do Festival da Luz 2018 destinarase a dous proxectos: a loita contra os incendios en Galicia e a construción e equipamento de salas de rehabilitación na residencia e centro de día para persoas maiores do Concello de Boimorto.

Ademais de música en directo, un ano máis, o público poderá gozar da terceira edición de Cultivando Deporte, unha carreira popular na que cada ano 300 asistentes percorren diferentes paraxes da vila ata terminar no recinto do evento, da Carpa de Cinema e Teatro, cunha ampla programación de espectáculos e cintas musicais.

A gran Zona infantil albergará un escenario propio con actuacións musicais e espectáculos infantís ao longo de todo o día, neste espazo os asistentes tamén poderán participar en talleres, xogos tradicionais…

A gastronomía e artesanía volverán ser unha dos principais recursos do Mercado da Luz, un espazo con produtos autóctonos e oficios típicos da zona.

Ademais como cada ano o festival contará con numerosos concursos e iniciativas dos que informará a través das súas canles oficiais.

 

ENTRADAS PROXIMAMENTE Á VENDA

As entradas para a nova edición poñeranse á venda para partir do próximo 21 de febreiro en Instant Ticket e en puntos físicos habituais a partir do próximo mes de marzo.