¡Moitas grazas! ENTRADAS DE DÍA aínda dispoñibles ONLINE

Fai tan só dous meses que vos presentábamos a colleita de 2019 do Festival da Luz, coa mesma ilusión e ganas que cada ano. Dabamos a coñecer os preparativos dunha nova edición na que pretendemos que goces ao máximo.

O que non imaxinabamos era a incrible acollida que ía ter esta edición, xa que sen terminar xuño xa podemos colgar o cartel de “esgotados” na venda de abonos, online e físicos. Sen dúbida, isto fainos ter unhas expectativas de éxito para a causa solidaria na que estamos comprometidos e, por suposto, tamén nos satisfai enormemente saber que sodes moitos os que xa tedes reservada a cita do 6, 7 e 8 de setembro para vernos en Boimorto.

Por iso, queremos agradecervos o recibimento que tivestes coa 8ª edición do Festival da Luz.

Tamén aproveitamos para lembrarvos que aínda están dispoñibles as entradas individuais de sábado e domingo na nosa web (https://www.festivaldelaluz.es/entradas/), polo que o “ sold out” dos abonos non é motivo para perderse o Festival da Luz.

Esperámosche Boimorto!