MERCADO DA LUZ

O Mercado da Luz é unha das zonas máis atractivas do festival. Nel reúnense un conxunto de empresas e entidades que amosan ao público os seus mellores produtos e servizos. O principal obxectivo é que o público poida experimentar de primeira man as experiencias e proxectos que se ofertan, convertíndose así nunha peza fundamental para o desarroio do mercado.

Un espazo adicado aos cinco sentidos, no que a innovación, a creatividade e a sostenibilidade dan cabida a propostas de todo tipo.

Cunha atmósfera máis íntima e cercana ao público, o mercado conta cun escenario propio no que se darán cita grandes artistas nacionais e internacionais xunto a novas bandas emerxentes.

Scroll to Top