MÁIS SOLIDARIOS DA MAN DE FUNDACIÓN LA CAIXA E FESTIVAL DA LUZ

O Festival da Luz celebra o vindeiro sábado dia 12 a súa edición ”Leiras” un formato reducido e especial, doando este ano toda a cifra derivada da venda de entradas a favor de Cruz Vermella Galicia. Xa que se trata dun aforo reducido e para lograr unha maior suma solidaria nestes tempos nos que tanto se necesita, Fundación La Caixa sorprende a 24 horas do Festival cunha doazón extra de 15.000 mil euros que se sumará á cifra solidaria deste ano.

A entrega da achega extraordinaria tivo lugar está mañá na oficina de Cruz Vermella Coruña, nun evento a porta pechada pola actual situación COVID-19 ao que asistiu por parte do Festival da Luz, a súa fundadora Luz Casal, en representación de Fundacion La Caixa, Marc Benhamou director de CaixaBank Galicia e en representación de Cruz Vermella Coruña, Mercedes Casanovas presidenta provincial.

No acto recolléronse as seguintes declaracións : Marc Benhamou, director de CaixaBank Galicia “Queremos contribuír a que esa luz tan especial e solidaria que proxecta o Festival siga brillando. Por iso a Fundación “LA Caixa” e CaixaBank suman esta achega extraordinaria á recadación do Festival para axudar, a través da Cruz Vermella, a quen está padecendo as consecuencias máis duras da pandemia”. Mercedes Casanovas, presidenta provincial de Cruz Vermella Coruña: “as alianzas con empresas e institucións sempre foron fundamentais para Cruz Vermella para poder levar a cabo moitos dos nosos proxectos en favor das persoas vulnerables. Nestas circunstancias excepcionais nas que estamos inmersos nunha crise sanitaria e social producida pola covid-19, e que fixeron que desde a organización puxésemos en marcha o plan Cruz Vermella Responde, o apoio que hoxe obtivemos da Fundacion La Caixa cobra máis sentido que nunca e permitiranos, sen dúbida, axudar ás familias para superar estes momentos tan difíciles. Esta colaboración, reforza por parte de Fundación La Caixa a estreita relación que mantén con Cruz Vermella e que nos permite a execución de múltiples proxectos a nivel nacional mediante o seu sostemento económico, e á cal unha vez máis agradecemos o seu compromiso”. Luz Casal, fundadora Festival da Luz. “Fainos moi felices propiciar este tipo de colaboracións solidarias, e desexamos que tanto esta achega extraordinaria como a que faremos desde o Festival sirvan para axudar ao maior numero de persoas vulnerables e necesitadas.”

Nun ano de especial emerxencia solidaria o Festival da Luz quixo ser fiel ao seu compromiso e reinventarse na súa edición Leiras para seguir cumprindo co seu obxectivo de recuadar fondos nesta ocasión para Cruz Vermella Galicia. A doazón extra de 15.000€ mil euros de Fundación La Caixa completarase, unha vez pasado o evento, coa cifra obtida na recadación de venda de entradas e a fila 0, que seguirá activa ata final de setembro para todos aqueles que queiran colaborar coa causa solidaria.

Scroll to Top