Leiras agotadas!

En menos dun só día o Festival da Luz esgotou todas as Leiras dispoñibles para o 12 de setembro. A solidariedade que envolve ao Festival da Luz é agora máis necesaria que nunca, por iso queremos especialmente agradecer a todos a boa acollida deste formato.

Moitas grazas por permitirnos continuar sendo solidarios, esta vez cunha causa tan importante neste momento como é axudar a través de Cruz Vermella Responde en Galicia aos colectivos máis vulnerables e afectados pola urxencia sanitaria provocada polo Covid-19.

Aínda que a edición colgue o “sold out” lembrámosvos que se poderá continuar colaborando na nosa web coa Leira 0 Solidaria, que sumará o importe á causa solidaria.

Iste foi especialmente un ano complicado para a música en vivo, polo que, con máis razón, queremos que este ano non quede en branco, e continuar dinamizando o sector con propostas seguras. En Edición Leiras aplicarase un protocolo para que a xornada desenvólvase con todas as medidas preventivas.

Desde o equipo do Festival da Luz estamos inmensamente agradecidos e traballaremos con ilusión e dando o 100% de nós para que este novo evento sexa único.

Este novo proxecto non sería posible sen o apoio e colaboración dos patrocinadores e impulsores do formato: Xunta de Galicia, Xacobeo 2021, Fest Galicia, Estudos Mans, Fundación La Caixa, Caixabank, Consellería do Medio Rural, Deputación da Coruña, Mahou, Gadis, Inorde, AIE, Adegas HGA, Cocacola e Cadena Ser.

Scroll to Top