KASE.O SÚMASE AO CARTEL DO FESTIVAL DA LUZ 2018

O Festival da Luz confirma ao rapeiro Kase.O, que encabezará as actuacións do domingo 9 de setembro. Os refráns do zaragozano únense á longa lista de bandas anunciadas como: Love of Lesbian, Os Resentidos, Eskorzo, Mi Capitán, Javi Maneiro, Furious Monkey House, Josele Santiago, Sex Museum, Christina Rosenvinge, Sr. Chinarro Agoraphobia y Vargas Blues Band, entre outros moitos. Unha variada proposta musical que alza ao Festival da Luz como un dos eventos máis eclécticos do momento, no que a estilos refírese.

Segundo confirmou a organización, nas próximas semanas completarase con novos nomes o cartel da sétima edición, que terá lugar o 7, 8 e 9 de setembro en Boimorto (A Coruña).

Durante os tres días do Festival o público poderá gozar de numerosas actividades e obradoiros como a carreira Cultivando Deporte, o Gastroespacio Mahou, a Carpa de Cinema e Teatro…. Ademáis, como xa é habitual, os pequenos festivaleiros poderán gozar dunha ampla zona infantil con espectáculos, talleres, inchables e xogos populares ao longo de todo o día.

ABONOS ESGOTADOS

O Festival da Luz esgota en tempo récord os abonos da nova edición. Aínda están dispoñibles as entradas de día en www.instanticket.es. Este ano a recadación en taquilla destinarase á loita contra os lumes en Galicia e a construción e equipamento de salas de rehabilitación na Residencia e Centro de día para persoas maiores do Concello de Boimorto.