Goza do Festival da Luz e da natureza que o rodea

O Festival da Luz naceu fai oito anos na horta da casa natal da cantante Luz Casal, anfitrioa do evento. A pé de campo foi crecendo a colleita dun evento que se harmoniza minuciosamente coa paisaxe, tradicións e natureza da contorna, por iso é polo que desde o inicio, o recinto e a súa contorna son uns dos grandes atractivos da cita musical.

Unha horta de tomates, unha granxa, unha exposición de patacas… No Festival da Luz poderás gozar de tres días de música mentres gozas de todos os elementos típicos do campo a tan só 50 min de Santiago de Compostela e A Coruña!

Precisamente, o noso colaborador Viajes Interrías (www.interrias.com) convídache a descubrir as paisaxes que rodean ao Festival grazas ao sorteo dun abono dobre con estancia rural incluída para asistir ao evento. Entra xa nas nosas redes sociais para participar!

Súmasche a vivir a experiencia Festival da Luz? Cada ano o Festival conta con novos espazos, actividades e iniciativas innovadoras relacionadas co rural.

LOCALIZACIÓN

O recinto do evento atópase emprazado na aldea de Orros, pertencente á localidade de Boimorto (A Coruña). Grandes extensións gandeiras e campos de maizal rodean a zona do Festival da Luz. Unha estampa que envolve as actuacións nos diferentes escenarios con marabillosas vistas a prados. Non te perdas os concertos do atardecer, a panorámica nunca defrauda!

DA HORTA Á BOCA

Produtores da comarca e diferentes zonas de Galicia ofrecen a pé de mercado produtos de primeira calidade listos para saborear. Desde uns pementos ata un revolto de ovos con grelos… *Ñam, ñam!

LA GRANJA

Ademais, o recinto conta coa súa propia granxa. Sen dúbida, unha das zonas favoritas de péquelos que gozan visitando e xogando coa cabra Paca, a ovella Moncho e as súas amigas as galiñas.