GASTROESPAZO MAHOU

O Gastroespazo Mahou achegou ao Festival da Luz a cultura gastronómica e a arte da cociña. Para iso, contamos cunha ampla programación de showcookings que puxeron sobre os fogóns aos mellores chefs nas xornadas do sábado 7 e o domingo 8.

Neste espazo podeuse aprender as técnicas e os trucos de cociñeiros con estrelas Michelin, degustaronse pratos exquisitos cociñados in situ e mesmo puideron participar en cursos de tiraxe de caña. Ademais este foi un lugar para introducirse na cociña moderna e no que poder observar a elaboración de diferentes pratos marinados con cervexa.

Así, o Gastroespazo Mahou transportounos aos restaurantes máis relevantes da nosa xeografía e brindounos a oportunidade de catar as artes culinarias que neles trabállanse.

Scroll to Top