Festival da Luz, grazas a todos!

Recuperándonos do que foi, sen dúbida, unha das xornadas máis especiais do noso ano. E non temos as palabras suficientes para darvos as grazas! Grazas a todos os asistentes a esta Edición Leiras polo comportamento que tivestes, respectando en todo momento o protocolo e medidas de prevención.

Con comportamentos responsables, tanto por parte da organización como do público, puidemos gozar dunha xornada segura, chea de música, familia e ao aire libre.

Agradecemos a todos os músicos participantes Eladio y Los Seres Queridos, Susana Seivane, Boyanka Kostova, Agoraphobia, Terbutalina, Monoulious Dop e LAU por axudarnos a levar a cabo esta edición tan especial.

Este novo proxecto foi posible grazas ao apoio e colaboración dos patrocinadores e impulsores do formato: Xunta de Galicia, Xacobeo 2021, Fest Galicia, Estudos Mans, Fundación La Caixa, Caixabank, Consellería do Medio Rural, Deputación da Coruña, Mahou, Gadis, Inorde, Feiraco, AIE, Fundación Sgae, Bodegas HGA, Cocacola e Cadea Ser.

Lembrámosvos que a recadación deste ano está destinada a Cruz Vermella Galicia, e que a fila 0 seguirá activa ata final de setembro.

Vémonos no Festival da Luz 2021!

Scroll to Top