Fest Galicia presenta a súa ruta festivaleira con parada no Festival da Luz

Onte dimos por inaugurada a tempada de festivais en Galicia co acto de presentación de Fest Galicia, na que se deu o lanzamento a esta segunda edición da iniciativa que promove a Xunta de Galicia.

Baixo o lema “Festivais que fan camiño”, o Festival de la Luz e outros 11 eventos musicais galegos participaremos un ano máis na campaña de información e apoio para a igualdade, prevención de violencia sexual, uso do galego, coidado do medio ambiente e fomento de valores positivos para a xuventude.

Este é un proxecto no que vemos representados os nosos principios e consideramos fundamental para a labor de sensibilización e visibilidades en temas cun gran impacto social. Ademais, tamén valoramos positivamente o vínculo e a sinerxía que xurde ao compartir ditos valores con outros festivais veciños.

Por iso, e como xesto ao Xacobeo 21, o Festival de la Luz será unha das etapas finais do camiño festivaleiro que percorrerá Galicia entre xullo e setembro.