Entrevista a Kings of the Beach (Concerto Vibra Mahou)

Entre as actuacións Vibra Mahou deste ano, recibiremos a Kings of the Beach, unha banda moi salgada que pisará por primeira vez o escenario do Festival da Luz. Non nos puidemos resistir a descubrir que se traen entre mans para o show do venres 10 de setembro. Non podes perder a súa actuación! Aquí deixámosvos un avance de todo o que nos compartiron.

Quen sodes, de onde vides e onde ides? É dicir, presentádevos, por favor, cada un de vós e como KOTB.

  • Dise que somos os reis da praia, pero nós preferimos Kings of the Beach, tamén aceptamos KOTB. Adri é o guitarrista e vocalista que, xunto con Samu, o batería, empezaron en 2013 unha aventura de ruídos bonitos e moitos concertos en lugares raros de Vigo. Máis tarde incorporouse Yago, ao baixo e á voz, que veu de Mos coa seu salero a terminar de completar a formación actual.

Veña, ‘vendédevos’ un pouquiño 😉 Que ten a vosa proposta de especial e porque o público debería namorarse de KOTB?

  • A proposta de KOTB nace coa idea de pasalo ben facendo o que máis nos gusta, liala en directo e sacar un sorriso á xente mentres facemos música. Sempre gozamos charlando coa xente despois de cada bolo, gústanos conectar co público.

Que supón neste momento da vosa carreira o apoio recibido por “Vibra Mahou” e de iniciativas como a que a marca puxo en marcha en colaboración coa Fundación Paideia para impulsar o talento emerxente?

  • Despois do ano e medio que levamos, para nós foi un alivio poder tocar este verán, e é que en verdade o 90% dos bolos que nos saíron foron grazas a Vibra Mahou, polo tanto estamos moi agradecidos a eles e á Fundación Paideia por toda a axuda.

Cremos que O Festival de la Luz será un escenario perfecto para vós. Estades de acordo? Xa o coñeciades? Que poderemos ver sobre o escenario por parte de KOTB?.

  • Sen dúbida. Coñeciámolo de oídas pero nunca tiveramos a sorte de formar parte do festi. Sacade os flocos de millo porque, aínda que esteades sentados, nós imos saír ao escenario coa mesma enerxía e as mesmas ganas de sempre, a comernos o mundo!
Scroll to Top