ENTRADAS

Este ano a recadación de taquilla repartirase entre as asociacións Anxiños e Asanog.

A Asociación Anxiños, que desde o ano pasado conta cunha casa en A Baña para axudar á recuperación e integración de nenos e adolescentes con trastornos mentais graves, destinará os fondos para a contratación de persoal profesional de atención de forma continuada.

Asanog, que desde o 2012 contribúe en Galicia ao mellor estado dos nenos oncolóxicos e os seus familiares, empregará os recursos no programa psicosocial co fin de garantir que todos os mozos con cancro da nosa comunidade dispoñan da mellor calidade de vida posible durante todas as fases da enfermidade.

Os menores de 12 anos poderán acceder de forma gratuíta ao evento. No acceso ao recinto, solicitarase de maneira OBRIGATORIA a AUTORIZACIÓN oficial de menores que podes encher e descargar Aquí.

VENDA ONLINE

ABONOS ESGOTADOS NA VENDA ONLINE, SÓ QUEDAN ENTRADAS DE DÍA

VENDA FÍSICA

 

As entradas de día soamente estarán dispoñibles na VENDA ONLINE

Concello de Boimorto (Boimorto) ESGOTADAS
Viajes Galitur (A Coruña) Rúa de Juan Flórez, 40. 15004 ESGOTADAS
Discos Elepé (Vigo) Rúa Doutor Cadaval, 35. 36202 ESGOTADAS
Peggy Records (Ourense) Rúa Samuel Eiján, 9. 32004 ESGOTADAS
Don Disco (Lugo) Camiño Real, 36,38. 27004 ESGOTADAS
A Reixa / Matrioska (Santiago de Compostela) Rúa do Hórreo, 46, 15701 ESGOTADAS

• Toda entrada emendada, rota ou sospeitosa de falsificación autorizará ao Organizador
para privar do acceso ao portador da mesma. A organización non garante a autenticidade
da entrada se non foi adquirida nos puntos de venda oficiais.
• Esta entrada constitúe unha licenza ao portador para poder asistir el mesmo e acceder
por unha soa vez ao evento ao que se refire ao anverso.
Esta licenza é revocable en calquera momento polo Organizador mediante ofrecemento da
devolución do prezo que figura no anverso.
• O portador autoriza ao Organizador para efectuar de acordo coa Lei as revisións ou
rexistro da súa persoa e tenencias para verificar que cumpren as condicións de
seguridade.
• Non está permitida a revenda desta entrada.
• Achándose reservado o dereito de admisión, o Organizador do evento poderá denegar o
acceso ao mesmo ou expulsar do recinto ao portador en caso de incumprimento das
indicacións do persoal da organización, así como no caso de que poida racionalmente
presumirse que se vai a crear unha situación de risco ou perigo para o propio portador ou
outros asistentes, de alboroto ou por estados de intoxicación aparente ou potencial,
mediante devolución ou depósito do importe da entrada, responsabilizándose o portador
en todos os casos polas súas propias accións e omisións que causen lesións a terceiros
ou danos materiais. A devolución en caso de iniciarse o evento, efectuarase
proporcionalmente á vez que o portador véxase privado do mesmo.
• Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual derivados do
evento. O portador non poderá en ningunha forma gravar nin reproducir os sons e/ou
imaxes do evento nin dos seus asistentes.
• A posesión desta entrada non dá dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a
mesma, ou o seu contido, con fins publicitarios, de márketing ou de promoción (incluídos
concursos, agasallos e/ou sorteos) asociada ao posuidor da entrada ou a un terceiro. O
incumprimento deste punto obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer
efectiva unha penalidade equivalente a mil veces o prezo da entrada máis cara do evento
que figuran no anverso, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos
xerais. Así mesmo, quedará anulada a licenza incorporada á presente.
• Presumirase que o portador crea unha situación de risco se é posuidor de aparellos de
gravación, fixación e/ou reprodución sonora ou visual, así como de obxectos susceptibles
de ser arroxados e causar danos (latas, botellas, etc.) ou se sobe ao escenario e/ou se
lanza sobre o público, aínda por invitación dos artistas, ou se introduce en espazos de
acceso restrinxido á Organización, responsabilizándose persoalmente en todos os casos
polas súas propias accións que causen lesións a terceiros ou danos ás cousas.
• O acceso ao recinto do evento comporta o consentimento para ser tomado en fotogramas
e outros medios de gravación e/ou reprodución sen dereito a compensación algunha por
iso calquera que fose a súa utilización posterior.
• O portador desta entrada asume persoalmente todo risco que poida derivar do evento
e/ou da concentración a que dá lugar o mesmo, tanto no acceso como durante o festival e
na saída.
• A devolución, en caso de cancelación do festival, poderase efectuar polo Organizador
dentro do prazo de quince días desde a celebración prevista. Se a suspensión realízase
unha vez transcorrido máis do 70% do programa do festival non haberá lugar a devolución
algunha. As malas condicións climatolóxicas non dan dereito a devolución do importe da
entrada.
• O Organizador resérvase o dereito de cambiar ou alterar o contido e orde do programa.
• Non se admitirán devolucións nin cambios de entradas.
• Calquera reclamación deberá acompañarse obrigatoriamente coa presentación desta
entrada.
• As entradas de día solto non terán dereito a acampada gratuíta.

Scroll to Top