Este ano o certame de Cultivando Música chega cargado de novidades! Os dous grupos gañadores elixiranse entre os participantes do II FESTIVAL INTERRITMOS: baile e música tradicional, que terá lugar o día 28 de xullo (de 21:00 a 00:00 h) na praza de Castelao en Rianxo (A Coruña).

Dirixido a Solistas e grupos (legalmente constituídos) de música e baile tradicional, que sexan maiores de idade, residentes no estado español.

PREMIOS

De entre todos os participantes seleccionaranse cinco finalistas, que terán dereito á gravación dun single e un vídeo promocional.

Á súa vez, dos cinco finalistas seleccionaranse aos dous gañadores do CONCURSO CULTIVANDO MUSICA, para actuar e formar parte do cartel do FESTIVAL DA LUZ 2018 que se celebrará en Boimorto entre os días 7 e 9 do próximo mes de Setembro.

PRAZO E FORMA DE INSCRICIÓN

Péchase o 16 de xullo de 2018, ás 14:00 horas.

Bases e inscrición: https://www.deloa.es/es/interritmos/

Participa!