CULTIVANDO DEPORTE

O obxectivo de Cultivando Deporte é achegar a importancia da actividade física no día a día, así como o benestar e superación que se atopa no deporte. Para iso, a proba que se realizará o sábado 7 a partir das 11 da mañá, demostrará a resistencia e a forma física dos seus participantes nun ambiente rodeado de natureza e tranquilidade.

A competición consiste nunha carreira de 5,8 km que percorre o pobo de Boimorto, desde a súa saída na Praza da Gándara (centro de Boimorto) ata a súa meta no recinto do festival. Anímate a participar poderás gozar dunha paisaxe rural e idónea para practicar deporte!

Scroll to Top