Coñece a Anxiños, asociación que recollerá parte dos beneficios do Festival da Luz

As enfermidades mentais aínda seguen estigmatizadas dentro da nosa sociedade e cando estas son sufridas por menores, son poucos os recursos de atención, axuda ou visibilidade. Por iso, a Asociación Anxiños márcase uns obxectivos claros de apoio e coidados orientados a nenos e adolescentes con trastornos mentais graves

Nesta colleita, Anxiños é parte da nosa causa solidaria coa que, esperamos poder recadar a axuda económica que lles permita levar a cabo iniciativas que cubran as necesidades de pacientes e familiares.

Para coñecer mellor os seus proxectos e saber como lles pode axudar o Festival de la Luz, entrevistámonos con Anxiños:

Que significa para a Asociación Anxiños ser parte da causa benéfica desta edición?

Estar no interese da causa benéfica da edición 2019 do Festival de la Luz é un privilexio. É tamén unha forma de aliviar a cegueira tras longos anos de calixe, xa que a enfermidade mental é a gran esquecida da sanidade.

Na sociedade actual non existe ningún organismo oficial que vele e acompañe a adolescentes con problemas mentais. En cambio, a través do Festival de la Luz podemos cumprir noso obxectivo de dar abrigo e amparo, tanto a nenos e adolescentes cunha enfermidade mental coma a os seus pais.

A que irán destinados os beneficios recadados?

Temos dúas necesidades inmediatas importantes:

  • Unha é o financiamento durante o primeiro ano do persoal cualificado que atenderá os nosos “anxiños” na casa-fogar de San Mamede do Monte en A Baña (A Coruña).
  • Outra é prepara o terreo adxacente á casa para facer unha horta e, se fose posible, un invernadoiro que sirva coma taller de formación.

Por que é importante a aportación do Festival de la Luz?

Nosa asociación ademais de precisar axuda económica, necesita que se difunda o noso proxecto e o Festival de la Luz é tamén un altofalante desde o que informar con rigor sobre a enfermidade mental infanto-xuvenil.

Como poden seguir axudando as persoas que se solidaricen coa vosa causa tralo Festival de la Luz?

Temos distintas vías de axuda:

  • Asociándose a Anxiños.
  • Facendo aportacións puntuais.
  • Difundindo o noso proxecto nos medios de comunicación e nas diferentes redes sociais.
  • Colaborando con ideas e suxestións a través de: info@asociacionanxinos.com