Valeria Ros

Valeria Ros

Monólogo

Son Valeria Ros, cómica de Comedy Central e actualmente colaboradora do programa “Locomundo” presentado por Quequé en Movistar+. Seguramente me escoitachedes en Cadea Ser en programas como La Lengua Moderna, A vivir que son dos días, Hoy por Hoy ou La Ventana. Tamén me podedes ver en Comedy Central News (Paramount Comedy), Late Motiv, Ilustres Ignorantes, El fin de la comedia o en el elenco de Sketches de humor de Gente Viva na plataforma dixital de TVE

Víctor Grande

Víctor Grande

Monólogo

Víctor Grande é un cómico coruñés que vai sempre acompañado da sua guitarra zurda. No seu espectáculo haberá tempo para monólogos, cancións satíricas e moita interacción co público

Grupo Trécolas

Grupo Trécolas

Teatro

O grupo de teatro “Trécolas” do Centro Social Municipal de Maiores de Boimorto represantará unha comedía breve titulada “As sospeitas do Aniceto”. Versión libre de sainetes de José Cedena

As protagonistas son sete veteranas actrices que tras un prolongado parón escénico volven de novo ós escenarios

Sipnosis: Parella do rural, con “sogra incluida”, na que o nacemento do seu fillo orixina dúbidas no home sobre a súa paternidade. O suposto pai recurre a todo tipo de axudas para asegurarse de que no proceso de xestación non participaron terceiras persoas

Raquel Queizás

Raquel Queizás

Narrativa Oral

Romaría é un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles

Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo

Á velliña xa lle falla a memoria e é moi despistada, pero as historias que escoitou de nena, esas, non as esquece: lendas de mouras encantadas en fontes, historias de sacos que cantan e lendas que seguen mantendo aos nenos atentos, abraiados, coa boca aberta, escoitando cómplices

Miña

Miña

Curtametraxe + Charla coloquio

Sara é unha muller víctima do maltrato do seu home, Roberto. Un veciño que coñece a situación tenta axudala pero desperta a ira e os ciumes de Roberto. Sara descubre que os dous homes loitan por ela como se dunha propiedade se tratara

Este é o argumento da curtametraxe “Miña”, rodada íntegramente en Vigo, dirixida por Michael J. Cassidy, que aborda coa súa visión persoal un caso de violencia machista, e protagonizado por Elba Pedrosa, Antón Cancela e Carson Jones. O traballo inclúe ademais temas da cantante Wöyza, artista altamente comprometida contra a violencia de xénero, que achega de xeito altruista a súa música

Radiografía dun autor de tebeos

Radiografía dun autor de tebeos

Curta Documental

David Rubín plasma nunha historieta como se sinte no momento no que a súa vida está a ser gravada para un documental

Unha viaxe a través do imaxinario dun dos autores de tebeos máis importantes do momento

Gimme Danger

Gimme Danger

Documental

Gimme Danger narra a epopea de The Stooges, a banda de rock de Iggy Pop nos 60, a través das súas aventuras e as súas desgrazas, evocando as súas fontes de inspiración e as razóns dos seus primeiros desafíos comerciais, ata a súa chegada ao Panteón da música

When you're a strange

When you're a strange

Documental

When You’ re Strange, dirixida por Tom DiCillo e narrada por Johnny Depp, é o primeiro filme documental sobre The Doors. Recolle material rodado entre 1966 e 1971 sobre o famoso grupo musical formado en Os Ánxeles (California), achegándose á beira máis descoñecida da banda e en especial ó seu carismático líder: Jim Morrison

Morrison, xunto a Ray Manzarek, Robby Krieger e John Densmore, lograron converterse en referentes de toda unha xeración -e moitas posteriores-, marcando unha época. Alcumado o “Rey Lagarto”, Jim Morrison, líder do grupo, converteuse en icona e mito de multitude de fans ó falecer en París á temperá idade de 27 anos

20.000 días en la tierra

20.000 días en la tierra

Documental

Ficción e realidade combínanse en 24 horas ficticias na vida do músico e icona cultural internacional, Nick Cave. Con ideas sorprendentemente francas e un íntimo retrato do proceso artístico, a película examina o que nos fai ser o que somos, e celebra o poder transformador do espírito creativo