ARTES ESCÉNICAS

SÁBADO 7

XERACIÓN BARBEITO

15:30 (Monólogo | 1º Pase) // 17:10 (Monólogo | 2º Pase)

“Un arxentino, unha redondelana e un coruñés nacido en Vigo entran nun bar e preguntan polo seu can Miñastetas, que se caeu por ir no medio.”

Tres novos cómicos danse cita nun show cheo do cotiá e do surrealista. O seu único obxectivo é darse unha volta polos bares e festivais cunha excusa mellor que o alcoholismo. So teñen dúas cousas en común: a súa xeración, creen que son graciosos e ningún sabe contar.

XULIO MERINO

18:50 (Maxia)

Magia en la manga trae un show familiar de maxia onde nenos e adultos disfrutarán por igual das locuras de Xulio Merino.

Unha das grandes revelacións da maxia contemporánea. O seu estilo surrealista, hilarante e enerxético fan da súa maxia unha experiencia única e rematadamente divertida.

XIRA DOS MIL CONCIERTOS

20:40 (Documental)

Documental en torno ao emblemático grupo Los Suaves

DOMINGO 8

MAGO NOEL

15:00 (Maxia)

Un espectáculo de maxia moi participativo, colorido e divertido. Combinando numerosas técnicas circenses e teatrais, demostrando que a presidixitación, os malabares, o humor, a música e a poesía crean por si mesmos un espazo de comunicación xenuino entre mago e público.

QUE CURIOSO un espectáculo para soñar!

VÍCTOR GRANDE

16:40 (Monólogo)

Víctor Grande é un cómico coruñés que vai sempre acompañado da súa guitarra zurda. No seu espectáculo haberá tempo para monólogos, cancións satíricas e moita interacción co público.

O.G.T DE GRUPO DE TEATRO TRÉCOLAS

18:30 (Teatro)

Iñaki pretende crear unha organización con persoas traumatizadas por ter nomes ou apelidos problemáticos: O.G.T., siglas de “Organización de Gente Traumatizada”. Preséntanse á reunión varios damnificados, pero un nome tan susceptible de prestarse a interpretacións erroneas só podía acarrear risas entre os asistentes.

XIRA DOS MIL CONCIERTOS

20:45 (Documental)

Documental en torno ao emblemático grupo Los Suaves

Scroll to Top