APERTURA: venres 7 ás 12:00
PECHE: luns 10 ás 12:00

A zona de cámping atópase xusto enfronte do recinto do Festival. Para favorecer a convivencia de todo o público, este espazo de descanso divídese en dúas zonas: cámping xove e cámping familiar.

No cámping atoparás aseos, duchas e servizo de cafetería, onde podes adquirir produtos de primeira necesidade e hixiene persoal.

Unicamente os posuidores de abono para o festival terán acceso á área de acampada. A entrada a este espazo estará regulada e completarase por orde de chegada.

HORARIO CAFETERÍA:
• Venres: 17:00 / 00:00
• Sábado: 9:00 / 00:00
• Domingo: 9:00 / 22:00

NORMAS DO CAMPING

1. Para acceder á zona de cámping é obrigatorio estar en posesión da pulseira do festival.
2. Rógase non consumir alcol no exterior das tendas para a mellor conservación da contorna natural e para evitar a acumulación de lixo.
3. Está totalmente prohibido realizar botellón na zona de acampada familiar e zonas comúns do cámping.
4. A partir das 23:00 h. estará completamente restrinxido o uso de instrumentos musicais na zona de acampada, así como a utilización de equipos con volume elevado e o consumo de alcol no exterior das tendas de campaña.
5. O horario de WC é de 24 h. desde o inicio de apertura do cámping ata o seu peche.
6. O horario de duchas é de 8:30 h. a 22:00 h., calquera necesidade de uso deste servizo fóra de horario, rogámoslle póñase en contacto co persoal de seguridade do cámping.
7. O horario de cafetería é de 9:00 h. a 00:00 h.
8. A organización habilita colectores para a recollida de lixos, rógase o uso dos mesmos.
9. Calquera acto incívico ou o incumprimento das normas será motivo de expulsión da zona de acampada e supoñerá a perda do dereito para acceder ao recinto do festival.
10. Se algún asistente esta desconforme con algunha destas normas, rogámoslle que antes de proceder ao acceso do recinto pase por taquillas para efectuar a devolución económica da súa entrada, o acceso ao mesmo significa a aceptación e o cumprimento das devanditas normas.
11. A organización resérvase o dereito de admisión.

• Prohíbese a montaxe de tendas de campaña na zona de aparcadoiro de caravanas.
• Prohíbese aparcar fóra da zona de parking nas estradas de competencia municipal, na zona do recinto do festival.
• Prohíbese a instalación de toldos e avances no parking de caravanas.
• Prohíbese a venda ambulante