CAMPING

Este ano contaremos con zona de cámping (só permitidas tendas de campaña). O cámping é un servizo destinado aos festivaleros/as que necesiten un espazo para a pernota. NON é un espazo de festa nin reunión. Por favor, respecta e segue as normas e as indicacións do persoal de seguridade.

Este ano haberá un espazo habilitado para ti casa de catro rodas. O aparcadoiro de caravanas está situado próximo ao recinto: https://goo.gl/maps/XGnq3 knzsWEhHm5b6

Espazo Camping

• Para acceder a este espazo é necesario ter o ticket de Cámping.
• Compra o teu ticket de Cámping Aquí. O prezo é de 7€ por parcela.
• Cada parcela de cámping ten unha superficie de 20 m2 (5×4 m). Este é o espazo que terás dispoñible para a instalación da tenda de campaña.
• O número máximo permitido por parcela é de 5 persoas conviventes. Durante a compra do cámping deberás identificar os asistentes da reserva.
• A situación da reserva de cada parcela realizarase por orde de chegada.
• O cámping contará con servizo de duchas e aseos. Estes espazos contarán cun servizo de limpeza que se encargará da desinfección continúa.
• O cámping conta con servizo de cafetería e compra de artigos de primeira necesidade.

Espazo Aparcadoiro Caravanas e Furgonetas

•Para acceder a este espazo é necesario ter o ticket de Aparcadoiro de Caravanas.
•Compra o teu ticket de Aparcadoiro Carvanas e Furgonetas Aquí. O prezo é de 7€ por parcela.
• As prazas dispoñibles para o aparcadoiro de caravanas son limitadas. A localización de cada vehículo realizarase por orde de chegada.
• Non se permitirá a instalación de toldos ou avances.
• Poderás acceder á zona de duchas e aseos situada na zona de Cámping de Tendas. Estes espazos contarán cun servizo de limpeza que se encargará da desinfección continúa.

Horarios de cafetería

Venres – 15:00 a 23:00
Sábado – 9:00 a 23:00
Domingo – 9:00 a 21:00

• É obrigatorio o cumprimento do Prótocolo Covid en todo o espazo de cámping.
• Non se permitirá o acceso a asistentes que non teñan reserva ao cámping.
• Prohibido a realización de botellón.
• Está prohibida a ocupación de espazos de paso e zonas comúns.
• Non se permite a reunión entre usuarios de diferentes reservas.
• Non se permite facer ruído a partir das 00:00 horas no cámping. Non está permitido o uso de instrumentos musicais a partir das 22:00 h.
•Estamos nunha contorna natural, por favor recolle o teu lixo.
•A Organización resérvase o dereito para expulsar a calquera usuario que non cumpra as normas e/ou altere a seguridade.

NORMAS DO CAMPING

• É obrigatorio o cumprimento do Prótocolo Covid en todo o espazo de Aparcadoiro de Caravanas.
• Non se permitirá o acceso a asistentes que non teñan reserva de Aparcadoiro de Caravanas. Prohibido a realización de botellón.
• Está prohibida a ocupación de espazos de paso e zonas comúns.
• Non se permite a reunión entre usuarios de diferentes reservas.
• Non se permite facer ruído a partir das 00:00 horas no aparcadoiro. Non está permitido o uso de instrumentos musicais a partir das 22:00 h.
• Estamos nunha contorna natural, por favor recolle o teu lixo.
• A Organización resérvase o dereito para expulsar a calquera usuario que non cumpra as normas e/ou altere a seguridade.

NORMAS DO APARCADOIRO DE CARAVANAS E FURGONETAS
Scroll to Top