Noso obxectivo de potenciar e mellorar o futuro do rural galego fai que, nesta edición e xunto a CaixaBank, presentemos a primeira convocatoria do concurso CaixaBank Rural Emprende.

O CaixaBank Rural Emprende ten como propósito premiar a proxectos en marcha que implanten o medio rural no seu negocio.

¿Queres participar? Aquí deixámosche toda a info:

PARTICIPANTES
Poderán participar emprendedores con iniciativas de desenvolvemento rural, presentadas por parte de persoas físicas ou xurídicas.

PROXECTOS
Os proxectos deben ser orixinais cunha aplicación íntegra dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, así como contribuír a promocionar o medio rural e xerar unha sociedade rural máis dinámica.

CATEGORÍAS E PREMIOS
Semilla Emprende: categoría para proxectos en funcionamento que se encontren en fase de desenvolvemento (de cero a tres anos) e que será dotado con 3.000€.

Semilla CaixaBank: categoría para proxectos en funcionamento que non conten cunha traxectoria maior a 5 anos e que se dividirán en:
          ◦ Semilla de ouro: dotado con 5.000€.
          ◦ Semilla de prata: dotado con 1.000€.

PRAZO E FORMA DE INSCRICIÓN
Pecharase o 18 de Outubro de 2019.

Scroll to Top