As entradas do Festival da Luz voan!

Esta semana anunciamos que quedaba unha cota de entradas de sábado online moi limitado, e xa voaron! Unha gran noticia que se suma ao récord dos abonos esgotados meses antes do evento.

As entradas de domingo aínda están dispoñibles na web, así que non dubides e consegue xa a túa.

No Festival da Luz poderás gozar de música, gastronomía, teatro, deporte… Un evento cheo de experiencias para vivir unha fin de semana inesquecible. Este ano contamos coa actuación estelar da anfitrioa Luz Casal, Rayden, Celtas Curtos, Orquestra Mondrágon, Cepeda, Mikel Erentxun, Amparanoia, Dead Combo.. e moitos máis!

Vémonos o 6, 7 e 8 de setembro en Boimorto!