ARTISTAS

Despois do seu álbum debut ‘Incoming Noise’ Agoraphobia volve ao Festival da Luz. E o fai cunha madurez musical que ensucia, aínda máis, o seu ruído interior anteriormente presentado. Un xiro máis escuro con texturas firmes e pesadas, distorsión profunda e potentes riffs que sacoden rock alternativo.

Este disco fala de dúas loitas constantes: a batalla interna contra os límites autoimpuestos, os medos, os demos máis arraigados… e o enfrontamento persoal ante unha contorna automatizada.

AGORAPHOBIA

Herdeiros de grandes mitos galegos como Os Resentidos e Siniestro Total, utilizan sen  miramiento os ritmos e sons urbanos para dar voz á contorna rural. O  trap  descontextualizado, sen  líneas vermellas, o  glamour ás cuadras. O underground  tamén era isto.

BOYANKA KOSTOVA

Este 2020 Eladio e os Seres Queridos cumpren 15 anos de carreira deixando atrás 5 discos, xiras por todo o país en diferentes festivais e salas e manténdose sempre fieis ao seu particular estilo que lles permite ser, a día de hoxe, unha das bandas máis estables do panorama musical español. Cancións con melodías de perfecta factura e letras de Eladio Santos que escribe actualizando con brillantez canons clásicos desde a naturalidade e a frescura. Temas que van desde o pop máis clásico a sons máis indies e rock pasando polo folk ata a canción de autor.

Goza desde o tua Leira do Festival da Luz do sexto traballo, Academia (2020), que do mesmo xeito que xa ocorreu cos seus dous discos anteriores, Cantares (2016) e Historias Caza (2017), Eladio e os Seres Queridos recorren tamén nesta ocasión á autoproducción. Unha fórmula que lles permite levar os seus propios tempos de composición, produción e gravación ademais de poder colaborar con diferentes músicos e compositores que, do mesmo xeito que en Historias de Caza, volven formar parte deste último traballo.

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

Unha artista nova, versátil e multicultural de ascendencia brasileira, educación galega e que conviviu coa cultura estadounidense. Esa mestura formou unha cantante cun aceno de identidade propia, dona dunha voz doce, forte e carismática. Todo iso xorde dun estilo autodidacta. Aprovéitase da dor e das batallas contra a súa propia mente para atopar inspiración e á vez desafogarse facendo o que máis goza, cantar.

LAU

Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mismos producen e que coa forza das redes sociáis pronto contan co apoio do público. Despois de ofrecer un bo número de concertos pola xeografía regresan a Boimorto, goza das suas letras desde as Leiras do Festival de la Luz.

MONOULIOUS DOP

FA é o novo traballo de Susana Seivane tras oito anos de silencio discográfico, un longo período que lle serviu de inspiración para a composición do seu quinto álbum. FA (Fiz e Antón) é unha profunda introspección no eido da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude persoal.

Sen perde-la súa esencia definitoria, Susana explora novos ritmos imprimindo modernidade na tradición e erixíndose como unha das máis virtuosas gaiteiras de tódolos tempos.

Con temáticas universais como o amor superlativo, o medo, a inseguridade ou a felicidade absoluta, Seivane constrúe unha paisaxe sonora sen esquecer as súas raíces dotándoa de novos matices froito da súa madurez como compositora e instrumentista. Vés a gozar da sua música ao Festival de la Luz?

SUSANA SEIVANE

Nesta Edición Leiras gozaremos da actuación de Terbutalina. Despois de facernos vibrar con “Pura Makica”, “Muinheira da Costa” e “Marisco Barato”. A banda chega con “Espabila Gallego” o seu novo álbum discográfico.

Gravado e producido nos estudos “A Ponte” por Tomás Ageitos. “Espabila Gallego” trasládanos á Costa da Morte, ao son Atlántico e as coplas cheas de retranca. Dez temas nos que a banda, vai desde o punk ao garage e desde o rock á música tradicional galega.

TERBUTALINA
Scroll to Top