Aprazamento 2022
Ola festivaleros/as,
Moitas grazas pola vosa confianza e paciencia durante todo este tempo no que non puidemos adiantarvos con anterioridade ningunha noticia sobre a celebración do Festival da Luz deste setembro.
Esperanzados de que a situación sanitaria mellorase a finais de verán, esperabamos que volvésemos a reunirnos en Boimorto co formato habitual do Festival da Luz. Ese no que a música se mestura co baile, cos brindes, cos paseos polo mercado e coa experiencia ao completo de vivir un gran evento rodeado de campos e prados.
Facíanos moita ilusión volver reunirvos a todos/as este setembro en Boimorto. Agora este soño ten que esperar, é o prudente e a nosa responsabilidade é adaptar o formato do evento.
O formato especial 2021 non é compatible coas entradas xa vendidas ata o momento. É por iso, que a partir do próximo luns 16 de agosto abriremos o proceso de solicitude de devolucións para todos aqueles/as que desexen solicitala. Se decides manter os teus tickets, serán completamente válidos para a nosa edición décimo aniversario 2022 que faremos que sexa irrepetible e inesquecible.
As instrucións de devolución tamén estarán proximamente dispoñibles en www.festivaldelaluz.es/entradas.
Agradecemos a vosa inestimable colaboración, paciencia e comprensión.
A información do noso novo formato especial 2021, desvelarase o luns en tódalas nosas canles oficiais. Non cho podes perder!
Se tes calquera dúbida ou consulta contacta con nós en info@festivaldelaluz.es
Coidádevos moito!
Unha aperta grande