APARCAMIENTO DE FURGONETAS e CARAVANAS

Vés coa túa casa de catro rodas ao Festival da Luz? Xa á venda a reserva do Aparcamento de Furgonetas e Caravanas.

Este ticket é válido para o estacionamento de 1 vehículo no aparcamento de furgonetas e caravanas durante as tres noites de celebración do Festival de la Luz. Este ticket dá acceso a este espazo a todos os ocupantes que pernoitarán no vehículo.

A área é limitada, polo que unha vez que se complete o aforo darase por cheo o espazo e non será posible adquirir durante a celebración do Festival da Luz o ticket do aparcamento de furgonetas e caravanas.

Autocaravanas aparcadas
APERTURA

Venres 26 de Agosto ás 12:00h

CIERRE

Luns 29 de Agosto ás 12:00h

Furgoneta camper en un camping
UBICACIÓN

Zona de aparcamento próxima ao acceso ao recinto

SERVIZOS

• A área conta con iluminación xeral
• Non dispón de tomas de corrente
• Non dispón de baños e duchas, pero poderán utilizarse as habilitadas na zona de camping

Podemos acceder á área de estacionamento de caravanas varias persoas cun único ticket de Aparcadoiro de Caravanas?

Si, o ticket é válido por vehículo e dará acceso ao aparcamento de furgonetas e caravanas a todos os ocupantes que pernoiten no vehículo con ticket para este espazo.

Podo acceder co ticket de cámping ao aparcamento de furgonetas e caravanas?

Non se pode acceder co ticket de cámping ao aparcadoiro de caravanas. Para entrar ao espazo do aparcamento de furgonetas e caravanas é necesario adquirir 1 entrada por vehículo.

Podo instalar unha tenda de campaña á beira da miña caravana ou furgoneta?

Non está permitido instalar tendas de campaña no aparcadoiro de caravanas.

Podo abrir o toldo ou crear espazos anexos o meu vehículo?

Non está permitido a instalación de toldos ou mobiliario fóra dos vehículos.

Onde debo estacionar a miña caravana cando chegue ao aparcadoiro?

O aparcadoiro complétase por orde de chegada, deberás estacionar no lugar indicado que che sinale o persoal.

Poden os asistentes que teñen o ticket para estacionar a súa camper no aparcamento de furgonetas e caravanas utilizar as duchas e servizos da zona de acampada?

Si, os usuarios que pernoiten no aparcadoiro de caravanas e furgonetas poderán acceder ás duchas e servizos do cámping de tendas.

PREGUNTAS FRECUENTES APARCAMENTO DE FURGONETAS E CARAVANAS
Scroll to Top