AÍNDA QUEDAN UNS DÍAS PARA SER SOLIDARIOS COA LEIRA SOLIDARIA 0

A fila 0 que habilitou o festival da Luz a favor de Cruz Vermella Galicia segue activa ata o próximo día 30 de setembro

A cantidade obtida a través da fila 0 (permanecerá aberta ata o 12 de Outubro) sumarase ao importe das entradas que se destinará a Cruz Vermella Galicia para contribuír ao seu programa “Responde” habilitado pola emerxencia COVID-19. Un programa que atende situacións de necesidade e vulnerabilidade nas familias galegas.

Mercedes Casanova, “Como presidenta provincial de Cruz Vermella A Coruña é un pracer enorme que un evento de prestixio e recoñecemento nacional como é o Festival da Luz pensase na nosa Organización Humanitaria como destinataria da recadación solidaria que fan cada ano e que é un dos fins do propio evento. Ademais, nestas circunstancias especiais producidas pola pandemia da Covid-19 nas que como institución humanitaria estamos a facer un esforzo extra co plan Cruz Vermella Responde, cobra se cabe máis importancia e será sen dúbida fundamental para axudarnos a estar preto das persoas que están a vivir momentos difíciles. Por último, quero dar o parabén ás persoas organizadoras do Festival, por adaptar o evento nestes momentos complicados.”

A Leira solidaria 0 están á venda aquí: ENTERTICKET

Moitas grazas a todos os que estades a colaborar a sumar solidariedade a esta causa!

Scroll to Top