A nosa anfitrioa Luz Casal, Rayden, Dead Combo, Lemot, Boyanka Kostova, Las Antonias, Lora, Os Liantes e Traspés súmanse ao cartaz do Festival da Luz!

O Festival da Luz prepárase para vivir o próximo 6, 7 e 8 de setembro una das súas edicións máis especiais co concerto da súa anfitrioa Luz Casal. A artista, que celebra o evento musical desde fai oito anos na súa leira natal, iluminará coa súa voz a xornada do sábado.

Rayden, Dead Combo, Lemot, Boyanka Kostova, Las Antonias, Lora, Os Liantes e Traspés tamén se sumaron ao cartel do que xa forman parte Celtas Cortos, Cepeda, Mikel Erentxun, Orquestra Mondragón, Amparanoia… e moitos máis!

O Festival, que este ano destinará a recadación das entradas ás asociacións Anxiños e Asanog, esgotou en poucas semanas os seus abonos. Aínda están dispoñibles as entradas de día, aínda que se estima chegar moi pronto ao “ SOLD OUT”.

No seu sexto ano consecutivo como patrocinador no Festival da Luz, Mahou aposta por ofrecer experiencias de lecer con sabor e mestría cervexeira a través do desenvolvemento de varias accións complementarias á propia oferta de lecer do festival.

Tras o éxito de anos anteriores, a compañía volve programar o Gastroespacio Mahou con showcookings de coñecidos nomes da gastronomía galega e asturiana que compartirán co público algunhas das claves e segredos da súa cociña.

Os Showcookings Mahou sucederanse ao longo de toda a xornada do sábado e do domingo. Entre os chefs que se achegarán ao festival figuran Carlos Gallego de Los Llaureles (Cabranes); Luis Menéndez de A Catar Gastronomía (Xixón); Mariano Mier de El Quinto (Gijón); Borja Alcázar de Abrelatas (Pola de Siero); Kike Piñeiro e Eloy Cancela de A Horta D’Obradoiro (Santiago de Compostela); Juan Crujeiras de Bido (A Coruña); Alberto González de Silabario (Vigo); e algunha sorpresa máis.

Os cociñeiros prepararán e explicarán ante o público distintas elaboracións que terán como base o produto local e de tempada que se pode atopar no Mercado da Luz. Ademais, ofrecerán aos asistentes a posibilidade de degustar algunhas das tapas preparadas.

Ademais, desta programación gastronómica, o Festival abriu inscricións para a participación na IV edición da carreira popular Cultivando Deporte. Unha actividade na que cada ano centenares de asistentes percorren 5,8 km desde o centro de Boimorto ata o recinto do Festival, nun roteiro rodeado de natureza e paisaxes de campos.

Precisamente, co fin de continuar potenciando e promocionando o medio rural galego e xerar unha sociedade rural máis dinámica, nesta edición CaixaBank e o Festival da Luz impulsan o concurso de CaixaBank Rural Emprende, que premiará cunha dotación económica de 5.000€, 3.000€ e 1.000€, segundo a categoría na que se presenten, proxectos en marcha que implementen o medio rural no seu negocio. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 18 de outubro.

Esta edición do Festival da Luz é posible grazas ao apoio e colaboración de: Estudios Mans, CaixaBank, Gadis, Mahou, AIE, Viajes Interrías, Feiraco, HGA, Coca-Cola, Marqués de Vizhoja, Petroni, Fundación Sgae, Juifi, Concello de Boimorto, Deputación de Coruña, Agadic, Fest Galicia, Inorde e Cadena Ser.