A colleita deste ano será recollida para os nenos de Asanog e Anxiños

Dende os inicios do Festival de la Luz os nenos son unha parte fundamental que ter en conta en canto a programación e a oferta recreativa do evento, pero este ano a súa importancia tamén colle protagonismo na nosa causa solidaria.

Os beneficios irán destinados a Asanog e Anxiños, dúas asociacións especializadas nas súas respectivas enfermidades infantís e involucradas ao máximo na atención e axuda dos nenos que a padecen.

Con Asanog sumámonos á loita do cancro infantil, xa que esta Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia promove unha iniciativa de mellora do estado e da calidade de vida dos nenos con cancro, así como a dos seus pais. Ademais, esta unión de persoas sensibilizadas co sufrimento oncolóxicos infantil ten un soño claro ao que te invitan participar: un fin vitorioso ante o cancro e que esta enfermidade deixe de comprometer a vida dos pacientes.

De mesmo xeito, a través de Anxiños unímonos ás metas que persegue esta asociación de atención a nenos e adolescentes con trastornos mentais graves, as cales céntranse na recuperación, sensibilización e visibilidade de nenos enfermos psiquiátricos. Para iso, esta asociación ten como obxectivo a creación dunha escola-fogar desde a que traballar o desenvolvemento integral e individualizado; a integración familiar, escolar e social; e o asesoramento e orientación de pacientes e familiares.

No Festival de la Luz somos conscientes de que os nenos son o futuro pero para iso temos que garantirlles un presente seguro e digno, o cal trataremos de conseguir o próximo setembro ca túa axuda.