330 GRUPOS DE TODA ESPAÑA PARTICIPAN NO CONCURSO DE BANDAS EMERXENTES SONIDOSMANS

O pasado 6 de abril finalizou a fase de inscrición de bandas emerxentes en SonidosMans, o concurso de maquetas impulsado por Estudos Mans.

Nesta fase do certame participaron 330 grupos de todo o territorio español, as cales terán a oportunidade de gravar un traballo en Estudos Mans ademais de formar parte do cartel de oito importantes festivais de ámbito galego, entre os que por primeira vez atópase o Festival da Luz.

Unha vez finalizada a fase de inscrición Paula Quintana, directora do programa Proxecto Demo de Radio 3, será a encargada de valorar os temas presentados e terá que seleccionar os 50 mellores traballos presentados, que participarán nunha fase de votación popular entre o 16 e o 30 de abril e a través da que que se decidirán os 25 grupos finalistas. De entre estes, un xurado designado por cada un dos festivais colaboradores, decidirá que agrupación formará parte do cartel.

Moita sorte a todos os participantes!

Máis info en: www.sonidosmans.com