ZONA ACAMPADA

Xa á venda as entradas para a zona de acampada do Festival da Luz 2022!

O ticket de camping é válido para 1 persoa. Os menores de ata 12 anos (inclusive) acceden de forma gratuíta. Coa túa entrada de cámping terás acceso á zona de acampada durante os tres días do evento.

O aforo é limitado e neste espazo só permitirase a instalación de tendas de campaña.





Se compraches as entradas de cámping das edicións 2020 ou 2021 aprazadas, e non solicitaches a devolución, estas son válidas para esta nova edición 2022. Proximamente recibirás ao correo de compra as indicacións para descargar as entradas.

Apertura

Venres 26 de Agosto ás 12:00h

PECHE

Luns 29 de Agosto ás 12:00h

1. Para acceder á zona de cámping é obrigatorio adquirir a entrada para a acampada e, ademais, é imprescindible posuír unha entrada para algún dos días do evento. Os menores de 12 anos (incluídos) terán o acceso libre.

2. Rógase non consumir alcol no exterior das tendas para a mellor conservación da contorna natural e para evitar a acumulación de lixo.

3. Está totalmente prohibido realizar botellón na zona de acampada familiar e zonas comúns do cámping.

4. A partir das 23:00 h. estará completamente restrinxido o uso de instrumentos musicais na zona de acampada, así como a utilización de equipos con volume elevado e o consumo de alcol no exterior das tendas de campaña.

5. O horario de WC é de 24 h. desde o inicio de apertura do cámping ata o seu peche

6. O horario de duchas é de 8:30 h. a 22:00 h., calquera necesidade de uso deste servizo fóra de horario, rogámoslle póñase en contacto co persoal de seguridade do cámping.

7. A organización habilita contedores para a recollida de lixos, rógase o uso dos mesmos.

8. Calquera acto incívico ou o incumprimento das normas será motivo de expulsión da zona de acampada e supoñerá a perda do dereito para acceder ao recinto do festival.

9. A organización resérvase o dereito de admisión.





Ubicación

Zona de acampada enfronte ao acceso ao recinto

SERVIZOS

• Duchas
• Baños
• Zona de Cafetería

VOU EN CARAVANA OU FURGONETA… HAI ESPAZO HABILITADO PARA PERNOITAR EN CAMPERS?

O ticket de cámping é válido unicamente para a zona de tendas de campaña (Non se permite o acceso con ningún tipo de vehículo). Para pernoitar coa túa caravana ou furgoneta tes que adquirir o ticket do aparcamento de furgonetas e caravanas.

PODO ENTRAR Á ZONA DE ACAMPADA SE TEÑO ENTRADA PARA O FESTIVAL?

Non, a entrada xeral para o Festival da Luz non dá dereito a acampada. Para acceder á zona de acampada é necesario adquirir o ticket de cámping por persoa. De igual forma, para acceder ao recinto de concertos será necesario dispoñer de entrada para o festival.

PODEMOS ENTRAR Á ZONA DE ACAMPADA VARIAS PERSOAS CUN ÚNICO TICKET DE CÁMPING?

Non, o ticket de cámping é válido para 1 persoa. Esta entrada é persoal e intransferible, no acceso ao evento recibirás unha pulseira por ticket de camping coa que poderás entrar e saír da zona de acampada durante os tres días.

OS MENORES TEÑEN QUE PAGAR O ACCESO Á ZONA DE ACAMPADA?

O acceso é gratuíto ao cámping para os menores de ata 12 anos (inclusive).

ONDE PODO INSTALAR A MIÑA TENDA?

O espazo divídese en dúas zonas, “Cámping Familiar” e “Cámping Xove”. O cámping complétase por orde de chegada, polo que unha vez chegues ao cámping poderás instalar de forma ordeada a túa tenda de campaña no espazo que estea dispoñible en cada sector.

PÓDESE ACCEDER CON COMIDA E BEBIDA?

Permítese a entrada con comida e bebida sempre que os envases non sexan considerados perigosos.

PODO LEVAR O CÁMPING GAS?

Por razóns de seguridade, está prohibido facer lume e utilizar elementos como o cámping gas que poidan supoñer un perigo.

PÓDESE ACCEDER CON MASCOTAS AO CÁMPING?

Non se permite a entrada de mascotas ao cámping e ao recinto de concertos, salvo cans guía.

PODO ACCEDER CO MEU VEHÍCULO AO CÁMPING DE TENDAS?

A zona de acampada é exclusiva para tendas de campaña. Non está permitido o acceso de ningún vehículo a este espazo.

ONDE PODO ESTACIONAR O MEU COCHE?

Muy próximo al recinto y a la zona de acampada habilitaremos un espacio de parking. Próximamente publicaremos toda la información.