O festival máis familiar volve a finais de agosto cunha oferta musical ecléctica e máis de 30 horas de música en directo para todos os públicos. Cinco escenarios, zona gastronómica, mercado de artesanía, cociña en directo, actividades paralelas e toda clase de xogos para os máis pequenos.

No acto que tivo lugar hoxe, Luz Casal fixo entrega dos fondos solidarios recadados durante o ano 2023 grazas ás entradas de todo o seu público.

Down Galicia recibiu a cuatía de 93.523€, 2.500€ a Cruz Vermella Betanzos e 4.000€ a pequenas asociacións do Concello de Boimorto.

Festival de la Luz Luz Casal
Festival de la Luz Luz Casal

«Sempre crin que aqueles que tivemos sorte na vida temos a obrigación
de achegar algo ao mundo, de axudar aos demais»

Luz Casal

  • A edición 2023, celebrada consegue recadar 100.023€ destinados a Donw Galicia, Cruz Vermella Betanzos e entidades locais de Boimorto.
  • Festival da Luz acumulou xa máis de 940.000 en doazóns desde a súa entrada no panorama festivalero.
  • A dinamización do rural, a aposta por unha programación ecléctica, o apoio aos artistas emerxentes e o apoio solidario foron desde o inicio os piares fundamentais do Festival da Luz.
  • A nova edición terá lugar os días 23, 24 e 24 de agosto en Boimorto (A Coruña). O evento ampliará o seu recinto único e dará cabida a máis de 50 actuacións en directo ademais de actividades paralelas como a Zona Infantil, o Gastroespacio Mahou, o Mercado da Luz, o cámping e moitas sorpresas máis.

O Festival da Luz prepárase para vivir unha nova edición para todos os públicos, este 23, 24 e 25 de agosto. A última fin de semana antes de a volta ao traballo para moitos, o festival quere producir o encontro interxeracional con familia e/ou amigos para gozar dunha cita única nunha contorna rural que o converte nun festival imprescindible.

Este evento, nace coa particularidade de celebrar un evento multitudinario leira natal de Luz Casal no rural galego, propón ser máis que un encontro musical e aposta por incluír na programación outras disciplinas artísticas como teatro ou circo e encher o recinto de experienciascon actuacións infantís, zona gastronómica, espazo de mercado, artesanía e iniciativas locais, unha carreira popular pola contorna natural da zona…

El Festival lanzaba duranO Festival lanzaba durante a xornada de hoxe o primeiro aperitivo do seu cartel co anuncio do a actuación de Luz Casal e con nomes como Los Zigarros, Fillas de Cassandra, Ventiuno, Elliot Murphy, Sara Socas, Besmaya, Familia Caamagno, Caamaño&Ameixeiras, Miguel Costas, Chris Barron, Paula Koops, Terrae, Chica Sobresalto, Gilipojazz, BMA, A Banda da Balbina, J Teixi Band, Momboi, Ou Val das Mouras, Lontreira, Hammond York, Arrythmia, Santiaguiños de Boimorto, Banda de Música de Salceda e a Sesión Vibra Mahou da man de Señora DJ.

Agradecemos de forma moi especial a todos os colaboradores e patrocinadores que forman parte do Festival da Luz a súa colaboración un ano máis para facer posible que se celebre este evento: Estudios Mans, Xunta de Galicia, Diputación da Coruña, Concello de Boimorto, Mahou, Gadis, AIE, Casa Grande de Xanceda, Marques de Vizhoja, Altos de Torona, Regina Viarum, y Cadena Ser.

Anuncio de artistas Festival de la Luz 2024
Skip to content